Nivel fonético: a. Aliteración: consiste na repetición de sons semellantes, vocálicos ou consonánticos, en palabras próximas. b. Similicadencia: utilización de dúas ou máis palabras no mesmo accidente gramatical (tempo e persoa, xénero e número): De carne nacemos, en carne vivimos, na carne morremos. c. Paronomasia: semellanza fonética de palabras que teñen un significado moi diferente: Vivir – beber. d. Onomatopea.
Nivel morfosintáctico: e. Asíndeto: suprímense as conxuncións para dar máis rapidez. f. Anáfora: repetición dunha ou varias palabras ó comezo dos versos. g. Epífora: repetición dunha ou varias palabras ó final dos versos. h. Complexión: repetición dunha palabra ó principio e ó final dun verso. i. Derivación: repetición de palabras que proceden dunha mesma raíz. j. Polisíndeto: repetición de conxuncións que non son necesarias (ton solemne e lento). k. Hipérbato: inversión da orde lóxica ou gramatical das palabras.
Nivel léxico: l. Metonimia: tomar a parte polo todo: mil cabezas de gando. m. Comparación. n. Imaxe (ou metáfora impura): identificación de dous elementos, un real e outro imaxinario: Os teus dentes son perlas. o. Metáfora: Substitución dun elemento por outro co que se relaciona por semellanza: As perlas da túa boca p. Hipérbole: esaxeración. q. Personificación: outorgar calidades humanas a animais ou seres inanimados. r. Antítese: oposición de dúas ideas...
Esta vez / eu quería querela querer/ e ela non. Joaquín Sabina
O portazo soou como un signo de interrogación Joaquín Sabina
Abandonoume como se abandonan os zapatos vellos. Joaquín Sabina
O traxe de madeira que estrearei / non está nin sequera plantado. Joaquín Sabina
Agora, que tocan os ollos, que miran as bocas, que berran os dedos. Joaquín Sabina
Estraño como un pato no Manzanares / torpe como un suicida sen vocación ... Joaquín Sabina
Os teus beizos son o lume por duplicado. Joaquín Sabina
E soou entre ti e mais eu o chifre do tren. Joaquín Sabina
Que pouco tempo dura a vida eterna. Joaquín Sabina
E á túa vila o azar outra vez o verán seguinte / levoume.... Joaquín Sabina
E déronnos as dez e as once, as doce e a unha e as dúas e as tres. Joaquín Sabina
Pelo de prata. Joaquín Sabina
Molla unha lágrima antigas fotos Joaquín Sabina
Houbo unha epidemia de tristeza na cidade Joaquín Sabina
Hoxe o ceo é de cemento Os suaves
E esta noite / os pasos afúndense / no aire negro / ladran as estrelas / chora a cidade. Os Suaves