<=
índice
=>
1
2
3
4
5
6
Busca a información necesaria para completar esta información sobre a clasificación dos xéneros literarios.
UNHA CLASIFICACIÓN DO XÉNERO LÍRICO
Chamamos poesía lírica á que expresa os sentimentos persoais do autor ou autora, quen pretende describir o seu mundo interior coa finalidade de revelar as súas propias emocións. Agás nos casos dos poemas en prosa, a lírica exprésase en
.
Algúns subxéneros:
-
: poema amoroso bucólico e pastoril. Pon en boca de pastores/as os seus sentimentos amorosos.
-
: expresa sentimentos de tristeza e lamentos; xeralmente están compostas como consecuenca da morte dun ser querido.
-
: critícanse defectos ou vicios dunha persoa ou dunha sociedade (burlas).
- Himno: expresa a alegría, o entusiasmo co que se celebra algo (“Himno á alegría”); tamén é un canto solemne en honra da patria e dos seus defensores (himno galego).
- Oda: poema de ton elevado destinado a loar unha persoa ou cousa.
UNHA CLASIFICACIÓN DO XÉNERO
OU NARRATIVO
Trátase da narración (en prosa ou en verso) retrospectiva dunha historia, é dicir, dunha sucesión de acontecementos, protagonizados por personaxes, que suceden nun espazo determinado.
Algúns subxéneros:
-
: poema que narra acción heroicas protagonizadas por héroes, deuses…. Presenta unha variante medieval que é o cantar de
.
-
: xénero narrativo actual; é unha narración extensa en prosa na que se conta unha historia ficticia. Presenta unha gran diversidade de modelos, entre os que podemos mencionar:
a) De aventuras
b) Ciencia-
: relata acontecementos posibles desde un punto de vista científico, pero desenvolvidos nun espazo e nun tempo imaxinarios (temas: viaxes interestelares, conquista do espazo, mutacións xenéticas, evolución dos robots...)
c)
: ofrece unha visión verosímil dunha época histórica; os personaxes poden ser inventados
d)
ou detectivesca: o seu principal móbil constitúeo a resolución dun caso a través da indagación, intuición...
e)
: é un tipo de novela policíaca na que a resolución do misterio non é o principal, importa máis a descrición da sociedade, a violencia dos personaxes...
f) Psicolóxica: enfatiza a caracterización interior dos seus personaxes.
g) De terror
h) Western: ambientadas no antigo
estadounidense.
- Conto: relato breve dun acontecemento insólito, protagonizado por un grupo reducido de personaxes e con argumento sinxelo.
-
: narración breve en prosa ou verso cun certo fondo moral.
-
: narración tradicional cuxa acción transcorre nun tempo e espazos reais (xeralmente trata de explicar algún feito: a orixe dun nome....).
UNHA CLASIFICACIÓN DO XÉNERO DRAMÁTICO
Os textos dramáticos están consitutídos esencialmente por diálogos, e están dirixidos á representación.
Algúns subxéneros:
-
: obra de estilo elevado que representa unha acción seria e grave entre personaxes importantes e na que, por regra xeral, o personaxe principal está dominado por unha paixón ou por un fado que o leva á catástrofe.
-
: represéntanse situacións nun ton pouco serio ou cómico. A súa finalidade é facer rir.
-
: representa un conflito que se dá no ámbito da realidade "normal"; adoita ter un final desgraciado (pode intercalar elementos cómicos).
Comproba
OK
<=
índice
=>