Localiza os conectores explicativos e anótaos (se algún está repetido, escríbeo unha soa vez)

Baixo da denominación de explicativos, incluiremos aquí os recapitulativos (en resumo, en definitiva....), os exemplificadores (por exemplo, particularmente...) e os de reformulación (quero dicir, isto é, noutras palabras...).

Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra, é dicir, ós cambios no tempo. O termo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia só ós cambios climáticos que suceden no presente, isto é, utilizándoo como sinónimo de quecedemento global. Hai tamén quen usa o termo só para referirse ó cambio por causas humanas (por exemplo, debido á contaminación), e ó producido por causas naturais denomínano variabilidade climática; ou sexa, que empregan dous termos diferentes segundo a causa do cambio.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Cambio-climático (adaptación)

-----------------------

África é o continente máis poboado e extenso despois de Asia, isto é, o segundo no mundo. Está considerado polos científicos como o lugar da orixe da humanidade, pola descuberta alí dos restos humanos máis antigos, en concreto o Australopithecus africanus, Homo erectus, Homo habilis, Homo sapiens..., nunha palabra, os nosos antecesores.
http://gl.wikipedia.org/wiki/África (adaptación)

------------------------

Conectores explicativos:
- - - - -