Escribe, por orde, os pronomes persoais tónicos que aparecen no texto (incluíndo contraccións).

O louro Menelao estaba casado con Helena, a famosa Helena de Troia: unha muller guapísima que fixera que os heroes pelexasen entre eles e armasen unha boa. O fermoso Paris namorárase dela e raptáraa. El fora rescatala cos seus colegas; pasounas rabudas, pero conseguiu o seu propósito.
O louro Menelao e mais ela recibiron a Telémaco e os seus dous acompañantes no salón principal do pazo de Ribadeo. El foi directo á cuestión:
- ¿Vós sabedes algo de meu pai? -preguntou.
Ela serviu viño e mentres bebían o louro Menelao contou o que sabía sobre Ulises.
- Finalmente, teu pai e mais eu non zarpamos xuntos. El non veu comigo, partiu con meu irmán, Agamenón de Mondoñedo. De volta de Eirín os deuses puxéronse contra nós. Non sabería como explicalo: eu diría que os nosos barcos tiñan vontade propia. Nós iamos navegando polo medio dunha brétema espesa...¡e fomos parar a Exipto!
Pere Tobaruela, Viaxes dun can de palleiro (adaptación)

Pronomes persoais tónicos:
1.-
2.-
3.-
4.-
5.-
6.-
7.-
8.-
9.-
10.-
11.-
12.-
13.-