Indica en que grao están os seguintes adxectivos

Escoita esa fermosa música
O teu curmán é máis alto có seu pai
O can é máis pequeno có gato
É menos veloz do que parece
Non é tan intelixente como di
Ese cadro que tes na casa é antiquísimo
O teu home sempre está limpando, é pulquérrimo
É o ceo máis azul de todos cantos vin
Tes razón, o rapaz é moi guapo
Es tan desconfiado coma eles
Éche ben fácil este exercicio
Está menos canso do que parece
Merquei unha pintura azul escura
Somos menos inquedos ca ti
É a chaqueta menos engurrada de todas as da tenda