Relaciona cada regra de acentuación co seu exemplo

Acentúanse as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal, n, s, ns
Non se acentúan as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente ou homoxéneo na última sílaba
Non se acentúan as palabras agudas polisílabas que rematan nun grupo consonántico distinto de -ns
Non levan acento as palabras monosílabas (exceptuando diacríticos)
Levan acento as palabras graves rematadas en consoante diferente de n ou s
Levan acento as palabras graves rematadas nun grupo consonántico que non sexa ns
Levan acento as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba
As esdrúxulas sempre levan til
As formas verbais que levan acento diacrítico consérvano cando levan un pronome átono enclítico ou unha segunda forma do artigo
Non levan acento os adverbios rematados en -mente
As palabras con ditongo seguen as regras xerais de acentuación
As palabras con tritongo seguen as regras xerais de acentuación
As combinacións de vogal aberta e pechada levarán til na pechada cando esta sexa a tónica (hiato)
O hiato formado por dúas vogais pechadas leva til cando o golpe de voz cae na situada en segundo lugar